martes, 12 de mayo de 2009

UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO " A PREGUNTA DO DÍA"

IV CONCURSO
“A PREGUNTA DO DÍA”

Do 25 de maio ó 5 de xuño 2009

INSCRICIÓN DE CONCURSANTES

● Poderán participar no concurso todos os alumos e alumnas de 5º e 6º de primaria (categoría A), primeiro ciclo da ESO (categoría B) e segundo ciclo da ESO (categoría C).

● O número de participantes por equipo será dun máximo de catro e un mínimo de dous.

● A inscripción de equipos deberá facerse na Biblioteca ata as 13:00 horas do martes 19 de maio.

PREMIOS

● Haberá tres premios, un por categoría, por un valor de 100 euros por equipo, para cambiar por material deportivo ou de librería.

BASES XERAIS

● O concurso consiste en responder á pregunta do día.

● Cada día, de luns a xoves, ás 11:00 horas, publicarase no taboleiro da biblioteca unha pregunta.

● Os equipos terán 24 horas para contestar a pregunta, podendo nese tempo consultar calquera fonte informativa que desexen.

● O equipo que resolva a pregunta e entregue a contestación por escrito na biblioteca antes das 11:30 horas do día seguinte, gañará 1 punto.

● Só se admite unha resposta por equipo.

● O profesorado non poderá resolverlles a pregunta, podendo únicamente orientalos sobre o tipo de documentos a consultar. Se o Xurado detecta outro tipo de axuda descualificará ao equipo infractor.

● O Xurado publicará ao día seguinte a contestación correcta á pregunta.

● O equipo que ao final acade máis puntos será o gañador do concurso.

● O equipo gañador deberá acadar un mínimo de 6 puntos, senón o premio quedará deserto.

● Ao remate do concurso, e no caso de empate, celebrarase un desempate.


Bergondo, a 11 de maio de 2009