martes, 17 de noviembre de 2009

GERÓNIMO STILTON


¡ Por fin ! ¡Xa temos en GALEGO as aventuras do noso heroe favorito!

viernes, 13 de noviembre de 2009

PRESENTACIÓN DO PROXECTO AMÉRICA

Os compañeiros de Primaria fixeron esta magnifica presentación do "Proxecto América"
¡ Que a disfrutedes!

"ALÉN DO MAR" - PROXECTO AMÉRICA

A chegada ao centro de alumnado procedente de países americanos levounos a realizar o proxecto "Alén do mar". Este é un conxunto de iniciativas e actividades dirixidas a coñecer mellor o continente americano, os seus habitantes, costumes, tradicións, fauna, flora...

PRIMARIA
- Semellanzas e diferenzas nas festas populares ( Samaín, Halloween, Nadal..)
- "Cóntanolo en galego". Os nenos procedentes de países americanos van contarnos cómo era o seu pobo, as súas costumes, o xeito de vida...
- "Unha clase, un país" Traballaran a xeografía, a cultura, a gastronomía....dun país determinado.(Tamén dirixido a E. Infantil)
- Unidades didácticas. Sobre cultivos, productos...procedentes de América.(millo, patacas..)
- Introducción as culturas prehispánicas. Traballos sobre os Incas, Mayas, Aztecas...

SECUNDARIA
- Cuentos hispanoamericanos (3º e 4º) (Dpto. L. Castelá)
- Poesía e poetas hispanoamericanos (1º e 2º) (Dpto. L. Castelá)
- Escritores no exilio americano (Dpto. de L. Galega)
- Le français des Tropiques (Dpto. de Français)

martes, 10 de noviembre de 2009

CONVERSA CON DORES TEMBRÁS


Emocionante, tenra e ilustradora foi a conversa que, organizada polo Departamento de Lingua Galega, tivemos ocasión de disfrutar no auditorio da Senra.

A poetisa Dores Tembrás estivo connosco para lervarmos, coa súa voz, a un paseo livián e musical a través dos poemas do seu libro "O pouso do fume".


CONVERSA CON DORES TEMBRÁS on PhotoPeach

jueves, 5 de noviembre de 2009

PELIS

PELIS DE AMÉRICA on PhotoPeach



CARNÉS DE LECTORES DA BIBLIOTECA



Estamos a repartir os carnés de lectores.
Se queres retirar o teu, só tés que pasar pola biblioteca nos horarios
indicados.


Agardámoste.

martes, 3 de noviembre de 2009

lunes, 2 de noviembre de 2009

SAMAÍN 2009

Podes ver fotos do samaín deste ano
no apartado de álbumes do blog.
Samaín 2009