jueves, 1 de diciembre de 2011

PREMIO CERVANTES 2011

Nicanor Parra, poeta chileno de 97 anos, foi o gañador do PREMIO CERVANTES 2011.
Se queres ler algún poema seu clica no seguinte enlace:
http://amediavoz.com/parra.htm

miércoles, 16 de noviembre de 2011

Dentro da campaña deste ano, podedes ver os primeiros  traballos feitos polo alumnado de primaria.
BODEGÓNS on PhotoPeach


martes, 15 de noviembre de 2011

A MOCHILA VIAXEIRA



Un curso máis a mochila viaxeira sae cara as casas do alumnado de primaria.
Cada unha vai cargada de libros para que na  casa poidades ler ti  mais a túa familia.
Tamén queremos que escribas as túas impresións e suxerencias na libreta que os acompaña. Coas aportacións de cada familia poderemos mellorar.
¡Que o drisfutedes!

jueves, 3 de noviembre de 2011

viernes, 21 de octubre de 2011

PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE LAS LETRAS 2011

Hoxe entregouse o Premio Príncipe de Asturias das Letras 2011 ao poeta, novelista e cantante canadiano LEONARD COHEN.
Aínda que empezou como poeta e novelista, na actualidade é moito máis coñecido pola súa faceta de cantante.
No que toca á súa relación con España e a literatura española, Cohen manifesta a súa grandísima admiración polo poeta Federico García Lorca.
Ten musicados varios poemas do autor granadino que foron éxitos musicais e dos que se fixeron múltiples versións.
Nos dous vídeos que tés a continuación podes escoitar o poema de Lorca "Pequeno vals vienés" interpretado por Cohen e por Ana Belén.


miércoles, 12 de octubre de 2011

ALGUNHAS DIRECCIÓNS WEBS DE MUSEOS

http://www.googleartproject.com// (visitas virtuais polos grandes museos do mundo)


http://www.museodelprado.es// (dispón de obras do museo online)

http://www.museoreinasofia.es//index.html (Museo Reina Sofía de Madrid)

http://www.museothyssen.org/thyssen/home (Museo Thyssen en Madrid)

http://www.louvre.fr/llv/commun/home.jsp (web do Louvre en París)

http://www.britishmuseum.org/ (Museo británico de Londres)

http://www.hermitagemuseum.org/html_En/index.html ( Museo de L´Hermitage en San Petersburgo-Rusia) (Dispón de visita virtual)

http://www.metmuseum.org/ (Museo metropolitano de arte de New York)

http://www.moma.org/ (Museo de arte moderno de New York)

http://museobelasartescoruna.xunta.es//index.php?id=192 (Museo de Belas Artes de A Coruña)

http://www.guggenheim-bilbao.es/ (Museo Guggenheim en Bilbao)

viernes, 23 de septiembre de 2011

PRIMEIRAS NOVAS DO CURSO 2011/2012

Estamos de volta. Saúdos a todos os seguidores do blog da biblioteca.
Este curso traballaremos sobre a idea: "Aprender creando, creando para aprender".
As actividades xirarán arredor do mundo das artes: arquitectura, danza, escultura, literatura, música, pintura.

jueves, 26 de mayo de 2011

GAÑADORES DO VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

















O sexto concurso "A pregunta do día" foi, como sempre, un gran éxito de participación. As distintas fases foron moi disputadas e, ao remate, estes foron os gañadores.


CATEGORIA A: (3º ciclo de Primaria)


EQUIPO CHUPA CHUPS, formado por Jesús Lamas Muiño, Lucía Mosquera Suárez, Daniel Quintás López e Arantxa Ramos Ponte de 6º B.


CATEGORÍA B: (1º ciclo de ESO)


EQUIPO PAULAyANDREA, integrado por Paula Amor Villar de 1ºB e Andrea Sánchez Villar de 2ºB.


CATEGORÍA C: (2º ciclo de ESO)


EQUIPO AHÁ, AHÁ, AHÁ: composto por Bruno González Herce de 4ºA e Antón Mosquera Suárez de 4ºB.







miércoles, 11 de mayo de 2011

lunes, 9 de mayo de 2011

VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

...xoves 11 de maio


Este pintor veneciano do Renacemento pinta un cadro inspirándose no segundo libro de As metamorfoses do poeta latino Ovidio: Zeus, convertido en touro branco, rapta a unha princesa fenicia.
Como se titula o cadro? Quen é o seu autor?

VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

...mércores 11 de maioQue linguas de Europa non pertenecen á familia indoeuropea?

VI CONCURSO "A PALABRA DO DÍA"

...martes 10 de maio

A nacionalidade do inventor deste xogo é a mesma que a dun famoso príncipe que da título a unha coñecida traxedia do dramaturgo inglés William Shakespeare. Cal é o título desta obra?












No apartado dos álbumes xa podes ver as fotos do Día do Libro.

domingo, 8 de mayo de 2011

VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

... luns 9 de maio

O autor desta composición romántica quixo mostrar o seu amor hacia o seu país natal. De que compositor e de que país se trata?

jueves, 5 de mayo de 2011

VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

Cal é o país máis pequeno de Europa?

miércoles, 4 de mayo de 2011

IV CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

De que países son típicos estes doces?

A) KROWKI
B) LENTIKI
C) ERRASCHUNG EIER
D) STROOPWAFEL

martes, 3 de mayo de 2011

VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

En que cidade/país do Báltico atopase un museo adicado a este material orgánico utilizado en xoiería, feito de resina de coníferas fosilizada hai máis de corenta millóns de anos e que pode conter plantas, insectos e incluso reptís?

VI CONSURSO "A PREGUNTA DO DÍA"

... luns 2 de maio

Cal é o volcán activo máis alto de Europa?

martes, 19 de abril de 2011

VI CONCURSO "A PREGUNTA DO DÍA"


A partires do martes 26 e ata as 11 horas do día 29 de abril está aberto o prazo para inscribirse como participantes no sexto concurso "A pregunta do día",
As bases pódense consultar na biblioteca e nos distintos taboleiros do centro.

NOVOS ÁLBUMES

Xa podes ver no apartado de álbumes os máis recentes.
Un sobre O día da poesía e dos bosques no que colaboraron rapaces de secundaria e de primaria.
Outro sobre o resultado do traballo da poesía e os bosques que se titula A fraga dos poemas.
E finalmente, outro no que podes ver o traballo de IAGO LÓPEZ , un contacontos que actúo para o primeiro ciclo de primaria.

jueves, 14 de abril de 2011

viernes, 18 de febrero de 2011

martes, 15 de febrero de 2011

ACTIVIDADES 2009/2010