lunes, 30 de septiembre de 2013

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA 2013/14: "BERGONDO NUN CONTO"

Neste curso a campaña de animación á lectura que propoñemos dende a Biblioteca titúlase "BERGONDO NUN CONTO"

Percorreremos as parroquias de Bergondo para que todo o alumnado coñeza as paisaxes, flora, fauna, recursos económicos, festas, tradicións... Ao mesmo tempo trataremos de recoller información sobre o pasado do noso concello: lendas, xogos, adicación da súa poboación, emigración, utensilios de labranza...

Coa intención de descobrir como foi cambiando o noso municipio. Deseñaremos distintos itinerarios cos que iremos facendo un traballo de campo, para logo facer o estudio na aula. Recuncho de libros: en anos anteriores fixemos exposicións de libros e materiais en colaboración cos distintos departamentos didácticos: "Matemáticas divertidas", "Física en acción", "De onte a hoxe", "A cor da música", "Libros de arte", "Historias de América", "Contos de África". 
Neste curso faremos exposicións de libros que falen de lugares de Bergondo. Ademais de libros dos autores que naceran, vivan ou estean relacionados con este concello.