miércoles, 21 de diciembre de 2016

martes, 20 de diciembre de 2016

DECORACIÓN NADAL 2017

DECORACIÓN NADAL 2017 CPI CRUZ DO SAR on PhotoPeach

sábado, 17 de diciembre de 2016

miércoles, 14 de diciembre de 2016

Estrañando a biblioteca



 Durante o primeiro trimestre a biblioteca está pechada polas obras e moitos rapaces achéganse aos libros en calquera recuncho que os coloquemos.

sábado, 26 de noviembre de 2016

20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA



O día 20 de novembro celébrase o DÍA UNIVERSAL DO NENO, dende 1954. Nesta data adoptouse a Declaración universal dos Dereitos do Neno, en 1959; e en 1989 aprobouse a Convención dos Dereitos do Neno.

O alumnado de Francés de ESO do Cruz do Sar conmemorou esta data cun mural na entrada do edificio principal.

viernes, 25 de noviembre de 2016

MALETAS VIAXEIRAS CARGADAS DE CIENCIA EN GALEGO

As maletas  viaxeiras da asesoría de bibliotecas escolares chegaron neste mes de novembro ao CPI Cruz do Sar cargadas de libros de ciencias e matemáticas en galego.
Con estes libros e con fondos da nosa biblioteca montamos unha exposición para animar á celebración do "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas" .
Esta exposición irase completando con actividades prácticas levadas a cabo polo alumnado do centro.






CORREDORES DECORADOS PARA CELEBRAR A CHEGADA DO OUTONO E O SAMAÍN























SAMAÍN


miércoles, 9 de noviembre de 2016

AGASALLOS PARA CELEBRAR O DÍA DA BIBLIOTECA







Para celebrar este día: un agasallo!.

Devolvemos aos participantes na actividade do Día do Libro: “Presume de ler... e déixate ver, a foto que enviaron. Devolvémola con todo o agradecemento e para animalos a colaborar en próximas convocatorias de actividades da biblioteca.

SEGUIMOS A CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este ano traballaremos durante todo o curso e en todos os niveis a obra de Agustín Fernández Paz.  
Para celebrar o Día das bibliotecas escolares e  comezar con este traballo, fixemos unha mostra da súa obra  no patio do colexio, onde toda a comunidade educativa puidera acercarse a coñecela.



lunes, 24 de octubre de 2016

HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe celébrase o Día internacional da biblioteca. A nosa biblioteca está unida indisolublemente a un nome: LOLI. 

O seu traballo no ámbito da biblioteca coñecémolo todos e todas, tamén fora do noso colexio. 

Traballadora incansable, organizadora de actividades,  inesgotable fonte de ideas  ao longo de todos estes anos á fronte do equipo da biblioteca do CPI Cruz do Sar.
Con Loli á fronte do equipo traballamos para conseguir que a biblioteca sexa un lugar de lecturas, traballo, investigación, actividades diferentes, recuncho de encontros,confidencias e emocións, risas, bágoas...

Este curso, a partir de decembro, recolleremos o testigo do seu traballo. Non vai ser moi fácil pero tentaremos manter o nivel.

Un abrazo inmenso para ti, LOLI, dos teus compañeiros e compañeiras e en especial do equipo da Biblioteca.




viernes, 21 de octubre de 2016

"A ÁRBORE DA ESCOLA"

Este mércores, 19 de outubro tivo lugar na libraría “Moito Conto” de A Coruña, a presentación do libro “A Árbore da escola”, do escritor e ornitólogo coruñés Antonio Sandoval. Tamén contou coa colaboración do músico Paco Nogueiras.

Editado por Kalandraka e ilustrado por Emilio Urberuaga (Premio Nacional), conta a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando no patio do colexio grazas ao agarimo que recibe do rapaz e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.

Unha historia que, xunto co colorido das ilustracións, fará gozar aos lectores máis pequenos.


Nas próximas semanas Antonio Sandoval visitará o CPI Cruz do Sar  para presentarlle o seu libro aos máis pequenos.



miércoles, 19 de octubre de 2016

domingo, 9 de octubre de 2016

OUTUBRO 2016: MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis, as mochilas viaxeiras da biblioteca do CPI CRUZ DO SAR comezan o seu percorrido polas casas dos nosos alumnos e alumnas de E. Primaria. Esta viaxe durará todo o curso, e cada mochila permanecerá aproximadamente unha semana en cada casa.


As mochilas viaxeiras levan libros de lectura, divulgativos, revistas, DVDs e películas adaptadas aos niveis dos alumnos para que compartan as súas lecturas en familia.


Dentro das mochilas tamén van os cadernos nos que os nenos e nenas acompañados das súas familias escriben as súas impresións sobre esta actividade, comentan sobre o que lles pareceu a selección dos material, fan algún debuxo ou comentario sobre algún libro en concreto, suxiren ideas para o próximo ano… Así entre todos colaboramos na formación dos lectores e lectoras máis novos.

OBRAS NA BIBLIOTECA

Definitivamente estamos en obras!.
Imos  cambiar o chan da biblioteca e incorporar unha aula contigua. Non só poñer táboas novas  senón tamén derrubar tabiques…
Xa comezamos a recolocar libros e andeis, pretendemos abrir provisionalmente a biblioteca se podemos manter un mínimo de espazo e orde.



domingo, 2 de octubre de 2016

Os libros de Agustín Fernández Paz

Os nosos libros de Agustín Fernández Paz on PhotoPeach

viernes, 30 de septiembre de 2016

UN NOVO CURSO

Comezamos un novo curso con ideas novas e renovadas ganas de traballar.

Estamos organizando a campaña de animación á lectura: "E ti quen vés sendo?" que pensamos que dará moito de si, con múltiples posibilidades para traballar dende diversos puntos de vista dependendo das idades e intereses dos rapaces e das materias desde as que se queira abordar.

Neste primeiro trimestre lembraremos a Agustín Fernández Paz.
Recopilamos a súa bibliografía  e preparámola para que os alumnos e profesores poidan acceder a ela fácilmente.





jueves, 9 de junio de 2016

lunes, 23 de mayo de 2016

jueves, 5 de mayo de 2016

jueves, 21 de abril de 2016

RESPOSTA Á PREGUNTA Nº 8



- Que me queres amor?

- Manuel Rivas Barrós.


miércoles, 20 de abril de 2016

PREGUNTA DO DÍA Nº 8 (20 DE ABRIL)

O director de cine José Luís Cuerda, levou ao cine o relato
 “A língua das bolboretas”, de que obra forma parte e
cal é o nome completo do seu autor?.

RESPOSTA Á PREGUNTA Nº 7

Hogwarts School of Witchcraft and Wizardry
Colegio Hogwarts de Magia y Hechicería
Escocia, Reino Unido

martes, 19 de abril de 2016

PREGUNTA Nº 7 (19 DE ABRIL)

Harry Potter tamén vai á escola.

Se queres escribirlle unha carta.



Que enderezo completo poñerías no sobre?


RESPOSTA Á PREGUNTA Nº 6

SEMPRE EN GALIZA


ALFONSO DANIEL (MANUEL) RODRÍGUEZ CASTELAO


lunes, 18 de abril de 2016

PREGUNTA Nº 6 (18 DE ABRIL)

  O director galego Chano Piñeiro  rodou en 1977 a película “Os      paxaros morren no aire”, inspirada  na obra dun ilustre escritor galego.



 Cal é a obra na que supostamente  se inspirou e o nome completo do  seu autor?


RESPOSTA Á PREGUNTA Nº 5

FENDETESTAS


viernes, 15 de abril de 2016

PREGUNTA Nº 5 (15 DE ABRIL)

    Na película “ O bosque animado” de José Luís Cuerda,    baseada na novela do mesmo título do escritor coruñés    Wenceslao Fernández ,que nome adopta o labrego Xán   de Malvís cando decide convertirse en bandido?




RESPOSTA Á PREGUNTA Nº 4


JOSÉ LUIS CASTRO ZAHERA

jueves, 14 de abril de 2016

PREGUNTA Nº 4 (14 DE ABRIL)


O actor galego, Luís Tosar compartiu reparto con outro actor galego, tanto na serie da TVG “Mareas Vivas” como na  película Celda 211.



Cal é o nome completo dese actor?

RESPOSTA Á PREGUNTA Nº 3

QUINETOSCOPIO  (KINETOSCOPIO)
VITASCOPIO