lunes, 24 de octubre de 2016

HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe celébrase o Día internacional da biblioteca. A nosa biblioteca está unida indisolublemente a un nome: LOLI. 

O seu traballo no ámbito da biblioteca coñecémolo todos e todas, tamén fora do noso colexio. 

Traballadora incansable, organizadora de actividades,  inesgotable fonte de ideas  ao longo de todos estes anos á fronte do equipo da biblioteca do CPI Cruz do Sar.
Con Loli á fronte do equipo traballamos para conseguir que a biblioteca sexa un lugar de lecturas, traballo, investigación, actividades diferentes, recuncho de encontros,confidencias e emocións, risas, bágoas...

Este curso, a partir de decembro, recolleremos o testigo do seu traballo. Non vai ser moi fácil pero tentaremos manter o nivel.

Un abrazo inmenso para ti, LOLI, dos teus compañeiros e compañeiras e en especial do equipo da Biblioteca.




viernes, 21 de octubre de 2016

"A ÁRBORE DA ESCOLA"

Este mércores, 19 de outubro tivo lugar na libraría “Moito Conto” de A Coruña, a presentación do libro “A Árbore da escola”, do escritor e ornitólogo coruñés Antonio Sandoval. Tamén contou coa colaboración do músico Paco Nogueiras.

Editado por Kalandraka e ilustrado por Emilio Urberuaga (Premio Nacional), conta a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando no patio do colexio grazas ao agarimo que recibe do rapaz e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.

Unha historia que, xunto co colorido das ilustracións, fará gozar aos lectores máis pequenos.


Nas próximas semanas Antonio Sandoval visitará o CPI Cruz do Sar  para presentarlle o seu libro aos máis pequenos.



miércoles, 19 de octubre de 2016

domingo, 9 de octubre de 2016

OUTUBRO 2016: MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis, as mochilas viaxeiras da biblioteca do CPI CRUZ DO SAR comezan o seu percorrido polas casas dos nosos alumnos e alumnas de E. Primaria. Esta viaxe durará todo o curso, e cada mochila permanecerá aproximadamente unha semana en cada casa.


As mochilas viaxeiras levan libros de lectura, divulgativos, revistas, DVDs e películas adaptadas aos niveis dos alumnos para que compartan as súas lecturas en familia.


Dentro das mochilas tamén van os cadernos nos que os nenos e nenas acompañados das súas familias escriben as súas impresións sobre esta actividade, comentan sobre o que lles pareceu a selección dos material, fan algún debuxo ou comentario sobre algún libro en concreto, suxiren ideas para o próximo ano… Así entre todos colaboramos na formación dos lectores e lectoras máis novos.

OBRAS NA BIBLIOTECA

Definitivamente estamos en obras!.
Imos  cambiar o chan da biblioteca e incorporar unha aula contigua. Non só poñer táboas novas  senón tamén derrubar tabiques…
Xa comezamos a recolocar libros e andeis, pretendemos abrir provisionalmente a biblioteca se podemos manter un mínimo de espazo e orde.



domingo, 2 de octubre de 2016

Os libros de Agustín Fernández Paz

Os nosos libros de Agustín Fernández Paz on PhotoPeach