sábado, 26 de noviembre de 2016

20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA



O día 20 de novembro celébrase o DÍA UNIVERSAL DO NENO, dende 1954. Nesta data adoptouse a Declaración universal dos Dereitos do Neno, en 1959; e en 1989 aprobouse a Convención dos Dereitos do Neno.

O alumnado de Francés de ESO do Cruz do Sar conmemorou esta data cun mural na entrada do edificio principal.

viernes, 25 de noviembre de 2016

MALETAS VIAXEIRAS CARGADAS DE CIENCIA EN GALEGO

As maletas  viaxeiras da asesoría de bibliotecas escolares chegaron neste mes de novembro ao CPI Cruz do Sar cargadas de libros de ciencias e matemáticas en galego.
Con estes libros e con fondos da nosa biblioteca montamos unha exposición para animar á celebración do "Mes da ciencia en galego nas bibliotecas" .
Esta exposición irase completando con actividades prácticas levadas a cabo polo alumnado do centro.






CORREDORES DECORADOS PARA CELEBRAR A CHEGADA DO OUTONO E O SAMAÍN























SAMAÍN


miércoles, 9 de noviembre de 2016

AGASALLOS PARA CELEBRAR O DÍA DA BIBLIOTECA







Para celebrar este día: un agasallo!.

Devolvemos aos participantes na actividade do Día do Libro: “Presume de ler... e déixate ver, a foto que enviaron. Devolvémola con todo o agradecemento e para animalos a colaborar en próximas convocatorias de actividades da biblioteca.

SEGUIMOS A CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este ano traballaremos durante todo o curso e en todos os niveis a obra de Agustín Fernández Paz.  
Para celebrar o Día das bibliotecas escolares e  comezar con este traballo, fixemos unha mostra da súa obra  no patio do colexio, onde toda a comunidade educativa puidera acercarse a coñecela.