miércoles, 20 de diciembre de 2017

MARÍA CORBACHO

Hoxe estivo con nós María Corbacho, autora de dous libros que temos na biblioteca: "Haz click y vive sano" e "¡Vida Sana! Desde la infancia y para siempre" ( editados por Hércules de Ediciones).
Nas dúas sesións que compartiu co alumnado de quinto e sexto de Primaria e ESO, falou da súa experiencia vital desde a obesidade ata unha vida saudable, ofrecendo consellos e pautas de autoestima persoal e respondendo algunhas preguntas dos estudiantes.





lunes, 18 de diciembre de 2017

AGASALLOS DO SAMAÍN

O alumnado do CPI Cruz do Sar participou activamente nas diferentes actividades do Samaín. Así os nenos e nenas de primeiro, segundo e algún de terceiro de Primaria fixeron uns debuxos que metían medo! Hoxe recibiron un pequeno agasallo pola súa participación.
Pouco a pouco iremos colgando o resto de fotos e os gañadores do concurso de relatos.








viernes, 15 de diciembre de 2017

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Outro ano máis chega o CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA!! Consiste en retratar elementos da vida cotiá que estean relacionadas coas matemáticas. Esta relación pode resultar evidente (figuras xeométricas) ou algo máis difícil de ver (neste caso deberá xustificarse a imaxe cun texto explicativo que ben pode ser un título, un pé de foto, un enunciado, ...).
Apúntate e consulta as bases na biblioteca durante o mes de decembro.

miércoles, 13 de diciembre de 2017

ACTIVIDADES PARA O NADAL

O Equipo de Dinamización Lingüística xunto coa biblioteca propón as seguintes actividades para o Nadal: 








CONCERTO BENÉFICO (CÁRITAS de BERGONDO)

O domingo 17 de decembro  terá lugar un concerto benéfico a favor de CÁRITAS de BERGONDO a cargo de "Bea a de Estrella". Será no Mosteiro de San Salvador de Bergondo ás 18:00h.

Aquí vos deixamos toda a información por se queredes colaborar. Animádevos!!



martes, 21 de noviembre de 2017

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación impulsou a celebración anual do mes de novembro como Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas escolares.
Esta actuación iniciouse coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de manifesto do científico galego Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago.
Nós montamos varias exposicións polos corredores do colexio. Esperamos que vos gusten.









DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA (20 de Novembro)

     É o Día Universal da Infancia desde 1954 pero tamén é o aniversario da adopción da Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos en 1959.
Establece unha serie de dereitos como os relativos á vida, saúde, educación e xogar, así como o dereito á vida familiar, a estar protexidos da violencia, non discriminación, que se escoiten as súas opinións, ...
O alumnado do CPI Cruz do Sar realizou varios murais que lembran esta data: a firma da Convención sobre os Dereitos dos Nenos (1989).





domingo, 29 de octubre de 2017

O SAMAÍN VÉN DE CAMIÑO...

Mentres esperamos que chegue o Samaín, a Biblioteca xunto co ENDL queremos proporvos as seguintes actividades:

- PORTAS DE MEDO!!
Cada curso de EP, e os que se animen de Secundaria, poderán decorar a porta da súa aula con motivos terroríficos.

- DEBUXAMOS DE MEDO!!
Nesta actividade participará  o alumnado de primeiro e segundo e os que queiran de terceiro de EP.

- RELATOS TERRORÍFICOS!!
Poderá participar o alumnado desde terceiro de Primaria a cuarto de ESO. Os relatos non superarán a extensión dunha carilla tamaño A4, en galego ou castelán. Valoraremos unha mínima calidade narrativa, expresión,  orixinalidade, ortografía e presentación.  A data límite para a presentación dos traballos será o 10 de novembro.  Agasallaremos cun detalle ao todos os alumnos e alumnas participantes.

- EXPOSICIÓN DE CABAZAS: 
O alumnado que desexe poderá traer a súa cabaza decorada da casa. Todas as cabazas colocaránse nos corredores e escaleiras dos tres edificios.

Ademais, fixemos unha selección de lecturas terroríficas para o Samaín que colocamos polos andadeiros dos tres edificios.

Pouco a pouco iremos poñendo as fotos destes días. Aquí vos deixamos algunha....



















lunes, 23 de octubre de 2017

24 de OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe, martes 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. No ano 1997 a "Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil" promove esta celebración en lembranza do incendio da Biblioteca de Saraievo durante o conflito dos Balcáns en 1992.
Ademais, a International Association of School Librarianship propuxo, dende o ano 2008, que se aproveite todo o mes de outubro no conxunto das comunidades educativas para facer visible a importancia da biblioteca escolar.

 Na biblioteca do CPI Cruz do Sar empezamos o mes coas seguintes actividades:
 - Sesións de formación de usuarios (Primaria e Secundaria) que acudiron á biblioteca para coñecer a súa organización e funcionamento.
- Carnés de usuarios: os nenos e nenas de terceiro de EP, xunto co alumnado e profesorado novo do Centro recibiron os seus carnés (temos o préstamo informatizado desde este nivel de Primaria).
- Posta en marcha das Mochilas Viaxeiras
- Informamos aos mestres das posibilidades que, nun corto espazo de tempo, ofrecerá a biblioteca: tablets, impresora 3D, LEGO, ...

 Dentro das actividades propostas para este día:
- Preparamos carteis conmemorativos que distribuimos por todo o Centro.
 - Nos tres edificios principais montamos taboleiros con fotografías do alumnado participando en diferentes actividades organizadas pola nosa biblioteca.
 - Lembraremos a Mafalda que o 29 de setembro cumpriu 53 anos desde a súa primeira aparición na revista semanal "Primera Plana".
- Entrega ás familias do tríptico explicativo dos servizos que ofrece a biblioteca: horarios, blog, ...xunto cun adhesivo de Mafalda para os nenos e nenas.







PREMIO PLANETA

O domingo 15 de outubro celebrouse a gala literaria para conmemorar o LXVI Premio Planeta de novela. O gañador foi Javier Sierra, autor do manuscrito "El fuego invisible" presentado co título provisional de "La montaña artificial" e baixo o seudónimo de Victoria Galán. A trama do libro apunta á orixe dunha palabra que "cambiou o destino de Europa no século XII: Grial". A escritora madrileña Cristina López Barrio quedou finalista con "Niebla en Tánger", novela presentada como "La nueva vida de Penélope" tras o seudónimo de Bella Linardi. Aínda teremos que agardar a que saian á venda para gozar da súa lectura.

lunes, 16 de octubre de 2017

JANE AUSTEN

No mes de xullo cumpríronse 200 anos da morte da escritora británica Jane Austen. En vida, foi coñecida como "a señorita que escribe". As súas obras son un clásico da literatura británica e fixéronse varias adaptacións ao cine. Algúns dos seus libros máis importantes son os seguintes: Sentido e sensibilidade, Orgullo e prexuízo, A Abadía de Northanger, Mansfield Park, Emma, ...

domingo, 15 de octubre de 2017

martes, 3 de octubre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe día 3 de outubro comezaron, como cada curso escolar, unha nova andaina as mochilas viaxeiras. Puxemos doce en marcha, dúas por cada nivel de Primaria.
Preparámolas con moito agarimo tendo en conta os comentarios que nos achegades no caderno que vai en cada mochila a finais do ano escolar.
Esperamos que vos gusten!