martes, 28 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017. 1ª PARTE. CONCURSO CHIRIGOTAS

No seguinte enlace podedes ver o primeiro vídeo do ENTROIDO 2017. O CONCURSO DE CHIRIGOTAS do alumnado da ESO.

jueves, 23 de febrero de 2017

ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro de 2017 cúmprense os 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro e desde o CPI CRUZ DO SAR queremos homenaxeala e lembrala.



Aquí vos deixamos unha versión do poema "Adiós ríos, adiós fontes" (incluido no libro Cantares Galegos) interpretado por Amancio Prada.



Outro dos seus poemas máis versionados é "Negra Sombra" (incluido no seu libro "Follas Novas" publicado en 1880).
En 1892 Xoán Montes púxolle música e, desde entón, foi interpretado por numerosos artistas: Carlos Núñez, Luz Casal, Pucho Boedo, María do Ceo, ...


ENTROIDO 2017

Chegou o Entroido ao CPI Cruz do Sar. Xa ule a filloas, orellas,  cocido,...Os diferentes corredores do cole están moi decorados.
Mañá toca disfrazarse!!







martes, 21 de febrero de 2017

BEGOÑA IBARROLA

Begoña Ibarrola é psicóloga e escritora, ademáis de experta en intelixencias múltiples e emocionais.
Insiste na importancia da educación emocional como parte fundamental da educación dos nenos e nenas.
Aquí vos deixamos este enlace á súa páxina: www.begoibarrola.com
Na biblioteca podedes atopar os seus libros.



jueves, 16 de febrero de 2017

NOVIDADES DA BIBLIOTECA

Vistes o expositor da entrada da biblioteca? Seguro que aínda nos vos deu tempo. Estas son algunhas das novidades. A que esperades?
Para os lectores autónomos hai dous libros da nova colección "El pequeño Leo da Vinci" e para os expertos, "Zapatillas Rojas", "La gran fuga del abuelo" e tres libros da colección "La Guerra de 6A".
Para os lectores de Secundaria hai varios títulos: "Charlotte tiene la palabra", "El juego de Christopher" ou "El libro de preguntas del señor Browne". Tamén temos o último libro de Verónica Ruth  (autora da saga "Divergente"), Federico Moccia (autor de "Tres metros sobre el cielo" ou "75 Consejos para....". Hora de ler!!

viernes, 10 de febrero de 2017

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

En homenaxe  a Agustín Fernández Paz, escritor falecido o 12 de xullo  de 2016, desde o ENDL e o Departamento de Lingual Galega realizaron  varias actividades relacionadas co proxecto E ti:que vés sendo? da nosa Biblioteca.
Organizaron unha exposición centrada na descrición persoal do autor, fotos das súas obras e características da súa escrita e incluíron reflexións e análises literarias do alumnado a partir da lectura dunha das obras do autor.
Ademáis convidaron aos alumnos de Secundaria a escribir unha carta dirixida  a Agustín para que expresasen as súas ideas e valoracións persoais sobre a obra que leron no primeiro trimestre.




martes, 7 de febrero de 2017

MAIS ALÓ DO AZUL E DO ROSA

A semana pasada presentouse na libraría Moito Conto de A Coruña o libro "Más aló do azul e o rosa. Como previr a desigualdade de xénero e a violencia machista desde a familia", escrito por Ana Torres Jack, a orientadora do noso centro.
O libro, publicado por Galaxia Editorial, recolle moito do traballo que aparece cada mércores no xornal "La Voz de Galicia".
Noraboa!

lunes, 6 de febrero de 2017

PARA MIN A PAZ É...



Os alumnos de ESO reflexionaron sobre a idea de paz no seu ámbito máis cercano, como eles a buscan ou onde a atopan.
Completamos a exposición cos REGADORES PARA REGAR A PAZ.