miércoles, 22 de marzo de 2017

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA 2017

Se precisas ideas ou inspiración para participar neste concurso, non deixes de ver este video.
As bases e publicidade do concurso estarán nos taboleiros das clases e tamén na biblioteca.





BASES DO CONCURSO 


  • As fotografías deben ser orixinais
  • O traballo será individual
  • O traballo entregarase en formato A4, en papel ou en formato dixital. Tamén pode ser manuscrito e coa foto pegada pero mantendo o formato A4
  • O documento que se presenta ao concurso constarádos seguintes elementos: 
    • TÍTULO
    • FOTOGRAFÍA
    • PÉ DE FOTO OU EXPLICACIÓN DA RELACIÓN DA FOTOGRAFÍA COAS MATEMÁTICAS.
    • Todo isto estará nunha soa carilla do folio ou documento.
  • O tamaño , tipo e cor da letra empregada é libre.
  • A información sobre o autor (nome, curso e grupo) deberá constar no reverso do traballo.
  • Haberá un premio á foto gañadora de EP, e en ESO un premio á foto gañadora de cada ciclo.
 

martes, 21 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Hoxe,no Día Internacional dos Bosques, o alumnado do Primeiro Ciclo de Primaria plantou na área verde do colexio uns castañeiros.
Desde a biblioteca seleccionamos uns libros por si queredes saber un pouco máis de árbores.









lunes, 20 de marzo de 2017

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe, 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, decisión aprobada pola UNESCO en París en 1999.
Este día ten como obxectivo promover a ensinanza da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais, apoiar as pequenas editoriais, ...
Na nosa biblioteca temos varios libros das dúas poetisas ás que lle adicamos esta data: Gloria Fuertes e Gloria Sánchez.








martes, 14 de marzo de 2017

SEMANA DA POESÍA

Hoxe comezaron as actividades con motivo do Día da Poesía que terá lugar o vindeiro 21 de marzo.
Como ven sendo habitual, o alumnado de Secundaria le poemas aos máis pequenos,  os nenos e nenas de Primaria, que ilustrarán cos seus debuxos ditos versos.
Este ano adicamos o día a dúas poetisas: Gloria Fuertes, autora moi querida e popular ( o 28 de xullo celébrase o primeiro centenario do seu nacemento) e Gloria Sánchez, mestra de ensino primario especialista en lingua e literatura galega).
Aquí vos deixamos algunhas fotografías.













Aquí están algúns debuxos feitos polos rapaces e rapazas de Primaria despois de que o alumnado da ESO leu os poemas.


















sábado, 11 de marzo de 2017

VIDEO DO ENTROIDO DE PRIMARIA

Para ver o vídeo de Entroido 2017 do alumnado de Primaria, clica no seguinte enlace:
VIDEO ENTROIDO 2017.

miércoles, 8 de marzo de 2017

martes, 7 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras tomou  a decisión de saír as rúas de Nova York para protestar polas condicións nas que traballaban.
A partir de aí, apareceron distintos movementos para reivindicar a participación da muller na sociedade en igualdade co home.
Desde o CPI Cruz  do Sar queremos homenaxealas.



Ademáis,  fixemos unha exposición no patio coas ilustracións que aparecen no libro "Mulleres" de Isabel Ruiz Ruiz. Un álbum ilustrado que recolle unha breve biografía de dezaoito mulleres que merecen ser parte do referente dos nosos nenos e nenas.





O equipo de biblioteca preparou unha actividade para o alumnado de primaria moi dinámica. Tiñan que relacionar unha frase na que cada muller falaba de si mesma ou achegaba algunha información importante. Recorreron o patio e corredores ata que completaron todo.
















REPORTAXE FOTOGRÁFICA DO ENTROIDO 2017. ALUMNADO DE PRIMARIA.


FOTOS PRIMARIA from CPI CRUZ DO SAR on Vimeo.

lunes, 6 de marzo de 2017

NOVIDADES

Empezamos a semana coas últimas adquisicións da biblioteca: unha serie de libros para o alumnado de Secundaria e algunhas películas para os pequenos.
Esperamos que vos gusten!!