sábado, 29 de abril de 2017

VISITA DOS ALUMNOS DO IES O MOSTEIRÓN

Un grupiño de alumn@s do IES O Mosteirón visitaron o venres o noso colexio para conmemorar o Día do Libro.
Vestidos de Shakespeare e Cervantes e acompañados polos seus principais personaxes (don Quixote  e Hamlet), visitaron as aulas de quinto e sexto de Primaria e contáronlles aos nenos e nenas algunhas curiosidades sobre a súa vida e obra.

Moitas grazas por vir! 








jueves, 27 de abril de 2017

PREGUNTA DO DÍA

Lembrade que hoxe remata o prazo de inscrición no concurso "PREGUNTA DO DÍA". Aínda estades a tempo!!
O concurso empezará o vindeiro mércores 3 de maio. As preguntas publicaranse nun taboleiro na biblioteca e no blog.

Boa sorteo a tod@s!!




domingo, 23 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Hoxe celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor de 2017. Rosalía Fernández Real agasallou cun poema sobre o libro e o acto de ler para as Bibliotecas Escolares de Galicia.




Co gallo do Día do Libro, desde a nosa biblioteca organizamos unha recollida de libros usados durante toda a semana que puxemos á venda este venres cun valor simbólico de 1€, 2€ e 3€. O diñeiro recadado destinarase a Cáritas-Bergondo.
Foi un éxito e esta semana continuaremos coa venda nos recreos. Grazas pola vosa  colaboración!












Ademais do mercadillo solidario, o alumnado do segundo nivel de Primaria e o de francés de primeiro da ESO debuxaron as portadas dos seus libros preferidos. Estos son os debuxos: 

















viernes, 21 de abril de 2017

CONTACONTOS: AUGUSTA E OS SEUS MEDOS

O venres 7 de abril visitou a nosa biblioteca Sabela Fernández Trelles para facer o contacontos dun dos seus libros: Augusta e os seus medos. O alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria gozou da historia e da simpatía da autora.
Moitas grazas por compartir con nós un anaquiño do teu tempo.



A protagonista da historia é Augusta, unha nena chea de soños pero tan medorenta que non consegue que  ningún se lle cumpra. Ten medo a voar,  medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas, ...
Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar distintas probas para decatarse de que a única forma de superar  os medos é enfrentándose a eles.
Quen non tivo algunha vez medo a algo?










Ademais,  recibimos unha visita moi especial: Loli.





domingo, 2 de abril de 2017

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Xa estamos no mes de abril, o mes dos libros (así é como acostuman a denominalo moitas bibliotecas escolares).
Hoxe, 2 de abril, conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil. É unha data significativa porque coincide con nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.


A IBBY (International Board on books for Young People), a sección española, a OEPLI xunto coas entidades colaboradoras como GALIX, en Galicia, edita un cartel cada ano. Nesta ocasión foi a sección rusa da IBBY. O texto é obra do escritor ruso Sergey Makhotin e a ilustración de Mikhail Fedonov.


Feliz día!