viernes, 19 de mayo de 2017

miércoles, 17 de mayo de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas, adícaselle a CARLOS CASARES MOURIÑO. Escritor galego nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado na Ramallosa,  Nigrán, o 9 de marzo de 2002.


Estudou no Seminario de Ourense, no que ingresou no ano 1952. Os anos 60 comenzan coa marcha á Santiago de Compostela. Alí entra rapidamente en contacto con estudantes galeguistas nucleados en torno a Ramón Piñeiro.
Foi director da Editorial Galaxia e da revista Grial.
En 1967 publica "Vento ferido", un libro de relatos xuvenís. Con "A galiña azul", un conto para nenos, reflicte moi ben o espírito comprometido dunha época negadora de convención e uniformismos.
Tamén fixo  a exitosa tradución ao galego de "O principiño".
Ademáis,  destacou o seu traballo como columnista no xornal "La Voz de Galicia".

Algúns dos libros que podedes atopar na nosa biblioteca son:

                    Para os máis pequenos:





                    Para os maiores: 




No CPI Cruz do Sar estamos traballando cos carteis enviados pola Xunta de Galicia coa colaboración da Fundación Carlos Casares.










viernes, 12 de mayo de 2017

PREGUNTA Nº 8

PREGUNTA Nº 8

“Diario de Ana Frank” é  a biografía  dunha nena de 13 anos que viviu oculta dos nazis xunto coa súa familia dende xuño de 1942 ata agosto de 1944, data na que foron detidos e enviados a campos de concentración.


Cal era o nome completo desta nena e a súa nacionalidade?



PREGUNTA Nº 7

PREGUNTA Nº 7

O autor norteméricano, calificado por Willian Faulkner como o “pai da literatura norteamericana” naceu durante unha das visitas do cometa Halley á Terra e morreu, como él mismo augurara, cando o cometa regresou, 74 anos despois.





Cal era o seu nome ?

Que pseudónimo utilizaba para firmar as súas obras?


SOLUCIÓN PREGUNTA Nº 7


Nome: Samuel Langhorne Clemens
Pseudónimo: Mark Twain

PREGUNTA Nº 6

PREGUNTA Nº 6


Un dos pintores españois máis famosos autorretratóuse nunha das obras máis importantes da pintura española do século XVII.
Cal é o título do cadro e en que museo podemos contemplalo?



SOLUCIÓN PREGUNTA Nº 6

Las Meninas


Museo del Prado

martes, 9 de mayo de 2017

PREGUNTA Nº 5

PREGUNTA Nº 5


”Confieso que he vivido “ é a autobiografía  do escritor chileno Pablo Neruda onde o autor confesa que lle gusta facer discursos    
 “alalimón” cun escritor español.



Quen era este escritor?

PREGUNTA Nº 4

No ano 2008 un cantante branco de rap escribiu a súa autobiografía.


Como se titula o libro en inglés e en castelán?



SOLUCIÓN PREGUNTA Nº 4




The way I am

Mi forma de ser

sábado, 6 de mayo de 2017

PREGUNTA Nº 3

PREGUNTA Nº 3

Este é o autorretrato dunha das pintoras mexicanas máis coñecidas.
Cal é o seu nome completo e a súa vila natal?





SOLUCIÓN PREGUNTA Nº 3

Nome: Magdelena del Carmen Frida Kahlo Calderón.

Vila natal: Coyoacán.


jueves, 4 de mayo de 2017

PREGUNTA Nº 2

PREGUNTA Nº 2

”La jugada de mi vida” é a autobiografía dun dos nosos grandes futbolistas.



Cal é o seu nome completo e en que equipo xoga?



SOLUCIÓN PREGUNTA Nº 2

NOME: ANDRÉS INIESTA LUJÁN

XOGA NO F.C. BARCELONA

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA 2016-2017. TRABALLOS


miércoles, 3 de mayo de 2017

PREGUNTA DO DÍA 2017. PREGUNTA Nº 1

Comezamos un ano máis cun dos nosos concursos preferidos. Este ano as preguntas terán que ver coa biografía de personaxes famosos.
Hoxe no recreo publicamos a primeira pregunta, así seguiremos publicando unha pregunta cada día ás 11 horas da mañá hasta completar 8 preguntas/días.
As preguntas  serán publicadas día a día  neste blog, E as respostas , ao día seguinte de ser publicadas as preguntas.

PREGUNTA Nº 1

“El pez en el agua” é o título da autobiografía dun dos Premios Nobel da literatura suramericana.
Cal é o seu nome completo e a súa nacionalidade?

 SOLUCIÓN PREGUNTA Nº 1

Nome: Jorge Mario Pedro Vargas Llosa.

Nacionalidade: Peruana.