martes, 26 de septiembre de 2017

UN TOQUE DE COR

O curso pasado, o alumnado de quinto de Educación Primaria, apareceu unha mañá pola biblioteca para "traer de volta" o caixón onde gardamos as cartolinas.
Ofrecéronse a pintalo e déronlle un toque de cor. Quedou moi bonito.
Moitas grazas chic@s!




lunes, 25 de septiembre de 2017

FORMACIÓN DE USUARIOS

Hoxe empezou a formación de usuarios da nosa biblioteca, dirixida ao alumnado de Educación Primaria, que terá lugar ao longo de toda a semana.
A través dunha presentación en PowerPoint faise fincapé en aspectos esenciais como as partes dun libro, clasificación dos tejuelos, onde atopar un libro axeitado para cada idade, CDU, ... logo complétase cunha serie de sinxelas actividades que lles permitan coñecer un pouco máis como funciona o servido de empréstito e os diversos recursos que pode ofrecer a biblioteca do  centro.
































domingo, 24 de septiembre de 2017

NOVIDADES DE SETEMBRO

Pouco a pouco imos collendo o ritmo de traballo tras as vacacións. Aproveitamos o verán para renovar a zona dos cómics, ademais de estrear unhas letras decorativas para a súa promoción, e engadimos novos títulos á sección de animais.


Algúns dos cómics que podedes atopar son:






Os libros novos para a sección de animais son os seguintes: 




 

Esperamos que vos gusten!!

jueves, 21 de septiembre de 2017

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR

"Aprender  a pensar coa biblioteca escolar" é o lema que escolleu a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para os materiais que edita a comezos do curso 2017 / 2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.
O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado de realizar a interpretación gráfica do lema anual.


Se queredes ler máis, podedes consultar o seguinte enlace de Bibliotecas Escolares de Galicia.  


martes, 19 de septiembre de 2017

VOLTA AO COLE

Remataron as vacacións de verán e estamos de volta no CPI Cruz do Sar e na nosa biblioteca con moitas ganas e ilusión.
Está de moda imaxinar, soñar, resolver, analizar, ...Estás de moda TI!

Benvid@s ao novo curso escolar 2017/2018!


martes, 12 de septiembre de 2017

TEATRO EN FRANCÉS

No dejéis de ver la obra  de teatro que el alumnado de francés  representó para la fiesta de fin de curso: "Le malade imaginaire" de Molière.
Esperamos que disfrutéis  tanto de ella como nosotros preparándola. 

Et....Que vive le théâtre!



viernes, 1 de septiembre de 2017

VISITA Á ESTACIÓN BIOLÓXICA DA GRAÑA.



O día 31 de maio de 2017 os alumnos de bioloxía de 4º de ESO do C.P.I. Cruz do Sar visitamos a estación biolóxica da Graña. Explicáronnos que é un centro de investigación que se dedica ao estudo da biosfera e biótopo mariño. Ademais, ofrece servizos de microTAC a outras pólas de investigación como mineraloxía, odontoloxía, implantes de anatomía humana e a restauración de pezas antigas de madeira.

Tamén ten unha función didáctica. Ao ser un centro pertencente á USC ofrece prácticas aos alumnos do máster e do primeiro ano da carreira. Por outro lado oferta visitas a centros de Educación Primaria e Secundaria, coa finalidade de visitar o centro ou facer prácticas de laboratorio.

O centro está dotado dun cualificado equipo dirixido por Guillermo Díaz, titulado en Farmacia e Bioloxía, que nos atendeu coma se fósemos da casa. Tamén estivemos cun experimentado profesor da USC, Óscar García Álvarez que está investigando un novo grupo de moluscos denominado Solenogastros. E non nos esquecemos de Xela Cunha que investigou na súa tese os impactos de Reganosa na biosfera acuática na Ría de Ferrol. O equipo do centro é numeroso, cunha ampla variedade formativa.

Todo estes profesionais non poderían facer o seu traballo sen as dotacións técnicas excepcionais das que dispoñen. Ao comezo da visita, Willy ensinounos e explicounos como é o equipamento de mergullo e as diversas mangas que empregaban para mostraxe. Alén de ter un grande equipo de mergullo, precisan barcos para desprazarse ás zonas máis lonxanas e obter novas mostras. Non puidemos subir aos barcos pero os observamos desde a estación.

A estación conta cun tanque de captación de auga da ría para o subministro de todos os acuarios que teñen. Dispón de numerosos laboratorios ben equipados, para as prácticas utilizan un laboratorio específico completo, ata cunha dependencia específica para a extracción de ADN.

Os alumnos, que van realizar as prácticas, pódense albergar nas instalacións do centro, que contan con cuartos para profesores e alumnos, unha pequena cociña, aseos, e ata unha sala de conferencias na que reciben clases.

Finalmente queríamos agradecer a atención e ensinanzas recibidas, especialmente ao Director e a todo o persoal por brindarnos a oportunidade de vivir unha experiencia enriquecedora para o noso futuro.

Moitas grazas.


Atentamente: os alumnos de 4º de Bioloxía-Xeoloxía do C.P.I. Cruz de Sar