lunes, 23 de octubre de 2017

24 de OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe, martes 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. No ano 1997 a "Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil" promove esta celebración en lembranza do incendio da Biblioteca de Saraievo durante o conflito dos Balcáns en 1992.
Ademais, a International Association of School Librarianship propuxo, dende o ano 2008, que se aproveite todo o mes de outubro no conxunto das comunidades educativas para facer visible a importancia da biblioteca escolar.

 Na biblioteca do CPI Cruz do Sar empezamos o mes coas seguintes actividades:
 - Sesións de formación de usuarios (Primaria e Secundaria) que acudiron á biblioteca para coñecer a súa organización e funcionamento.
- Carnés de usuarios: os nenos e nenas de terceiro de EP, xunto co alumnado e profesorado novo do Centro recibiron os seus carnés (temos o préstamo informatizado desde este nivel de Primaria).
- Posta en marcha das Mochilas Viaxeiras
- Informamos aos mestres das posibilidades que, nun corto espazo de tempo, ofrecerá a biblioteca: tablets, impresora 3D, LEGO, ...

 Dentro das actividades propostas para este día:
- Preparamos carteis conmemorativos que distribuimos por todo o Centro.
 - Nos tres edificios principais montamos taboleiros con fotografías do alumnado participando en diferentes actividades organizadas pola nosa biblioteca.
 - Lembraremos a Mafalda que o 29 de setembro cumpriu 53 anos desde a súa primeira aparición na revista semanal "Primera Plana".
- Entrega ás familias do tríptico explicativo dos servizos que ofrece a biblioteca: horarios, blog, ...xunto cun adhesivo de Mafalda para os nenos e nenas.







No hay comentarios: