martes, 20 de marzo de 2018

SEMANA DA POESÍA

Como cada ano, esta semana celebramos a Semana da Poesía, sendo a data máis importante o 21 de marzo: Día Mundial da Poesía. 
Este ano traballaremos poemas de Antonio García Teijeiro que foi galardonado co premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro "Poemar o mar", ilustrado por Xan López Domínguez e publicado pola editorial Xerais en 2016.


O alumnado de Secundaria leu os poemas seleccionados polo equipo de biblioteca aos  nenos e nenas de Primaria que fixeron uns debuxos para ilustralos.  Os poemas colgaranse polos diferentes corredores do colexio.












miércoles, 7 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. Esta data reivindica a participación da muller na sociedade en igualdade de condicións co home. 
Desde a biblioteca, estivemos recopilando fotos de mulleres da familia do alumnado desempeñando o seu traballo profesional pero tamén das mestras e persoal non docente do centro que quixo participar. Moitas grazas por colaborar activamente nas propostas que suxerimos! Estas fotografías están expostas nun mural no edificio principal.




Tamén proxectamos un videopoema que leva por título "Compañeras", que se inclúe no libro "Todos mis futuros son contigo" de Marwan, publicado pola Editorial Planeta. A proxección tivo lugar na entrada do colexio e na biblioteca. 


Igual que o ano pasado, fixemos unha exposición no patio e nos corredores coas ilustracións que aparecen no libro " Mulleres" de Isabel Ruíz. Un álbum ilustrado que recolle unha breve biografía de dezaoito mulleres. 
O equipo de biblioteca preparou unha actividade moi dinámica para o alumnado. 








RECREOS NOS NOVOS ESPAZOS DA BIBLIOTECA

Hoxe no recreo, o alumnado de Secundaria utilizou por primeira vez as tablets e ordenadores que puxemos para consulta na zona interactiva da biblioteca. 
Neste novo espazo podes desde xogar ao xadrez ou a calquera dos diferentes xogos de mesa educativos (crebacabezas,  de lóxica, ...), LEGO, ler un libro, buscar información para algún traballo nos ordenadores, ... todo isto gozando das vistas que temos sobre o bosque que rodea unha parte do colexio ou a ría de Betanzos. 















martes, 6 de marzo de 2018

FORMACIÓN EN REDE

O xoves pasado tivemos unha sesión de formación en rede. Esta actividade foi promovida pola Asesoría de Bibliotecas Escolares e está dentro do proxecto ELBE.2 Contou coa participación dunha representante da compañía Odilo e os coordinadores de biblioteca de varios centros escolares de Galicia. A rede de tecnoloxía Odilo permite que usuarios de varios países poidan acceder ao contido dixital.

 A través desta plataforma, que é coma unha biblioteca, podes consultar o catálogo, as novidades, os empréstitos, ... ademais, contén libros en tres linguas: castelán, galego e inglés.


Unha ferramenta moi útil posto que, na actualidade, asistimos a importantes cambios na forma de presentar os textos e acceder á súa lectura.