jueves, 26 de abril de 2018

23 de abril: DÍA DO LIBRO

O 23 de abril conmemórase o Día Mundial do Libro, celebrado a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura. No ano 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Esta data tan simbólica foi escollida pola Conferencia Xeral da Unesco para rendir unha homenaxe mundial ao libro e aos seus autores.

Para celebralo, no patio do noso colexio organizamos durante toda a semana un mercadillo solidario para recadar fondos e doar posteriormente a algunha ONG.Tivemos uns axudantes maravillosos.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!!











lunes, 23 de abril de 2018

ENCONTRO CON ...XOSÉ TOMÁS

Xosé Tomás estivo visitando a nosa biblioteca hai uns días. . É ilustrador, humorista gráfico e profesor de Inglés. Hoxe en día traballa  no CPI " O Rosal" no que exerce de director.
O miolo da súa obra xira arredor da ilustración de libros infantís e xuvenís, con títulos como: " Nomades", "Quero que veñan meus pais", "Verdedades", "O caderno azul", "María é maior", "Palabras do mar", "El gran Libro de relatos de Piratas y corsarios". Imparte acotío  obradoiros de ilustración e banda deseñada. Este curso deseñou a portada das axendas de bibliotecas escolares e o seu cartel promocional. 
O alumnado de terceiro e cuarto de primaria  puido compartir con él un anaco do seu tempo. Explicoulles que pasos tiñan que seguir para facer os debuxos e ilustracións dun libro.
Sairon encantados!











Enquisa voluntariado E. Primaria


domingo, 22 de abril de 2018

PLAN PROXECTA: " Consumo e finanzas na aula"

O venres 6 de abril, na biblioteca do centro, organizamos para o alumnado de segundo ciclo da ESO, unha xornada formativa sobre " Servizos financeiros" e " Linguaxe publicitaria", impartida por técnicos da Escola Galega de Consumo".
Esta xornada forma parte das actividades do PLAN PROXECTA sobre " Consumo e finanzas na aula" no que participa o departamento de Xeografía e Historia.




martes, 10 de abril de 2018

O COCIÑEIRO MARTIÑO

Onte estivo na nosa biblioteca Iago López que veu narrar o conto de "O cociñeiro Martiño". O alumnado de primeiro e segundo de primaria gozou coa historia! Ao final, asinoulles o libro que forma parte das súas bibliotecas de aula. 
Moitas grazas por vir! 









PREMIOS FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Á volta das vacacións de Semana Santa entregamos os premios do concurso de fotografía matemática. Moitas grazas a tod@s por participar! 
Parabéns aos gañadores! 












miércoles, 4 de abril de 2018

VIAXE A PARÍS

Queremos compartir con vós unhas imaxes da viaxe do noso alumnado de 4º ESO á París na semana anterior ás vacacións de Semana Santa. 

Entre outras cousas, os alumnos gozaron das mellores vistas nocturnas da cidade no cumio da Tour Eiffel e tamén dun paseo diurno polo río Sena no Báteau-mouche. Non faltaron as visitas a Nótre-Dame, ao Museo de Louvre e Orsay e ao Cháteau de Versailles. 

O mércores 21 gozaron de tempo libre nos dous parques de Disney. Alí percorreron as súas rúas cheas de fantasía e, os "máis atrevidos" subiron as numerosas atraccións. O parque ofrece unha iluminación fantástica ao caer a noite dominado todo polo incrible Castelo de "La Belle ao bois dormant".

O Departamento de Francés aproveita para agradecer a Begoña a súa compañía nesta extraordinaria aventura. 

Esperamos que vos guste este vídeo!